O MuSar presenta a serie de vídeos curtos divulgativos (Re)Descubrindo a Colexiata de Sar
Como parte do seu programa de divulgación, o MuSar pon a disposición do público unha serie de audiovisuais de corta duración nos que se afonda en diferentes aspectos relacionados coa arte e a historia con conxunto monumental da Colexiata de Sar. Ideado como vídeos destinados ás redes sociais, a iniciativa pretende divulgar e facer máis accesible aos novos públicos toda a riqueza patrimonial que atesoura o conxunto formado polo claustro, igrexa e museo de Sar.
Os vídeo poden consultarse tamén a través de Youtube