O xornal Nós Diario edita un monográfico sobre Santa María de Sar
Santa María a Real de Sar. Do medievo ao século XXI a través da museoloxía e a tecnoloxía dixital é o título do caderno especial que se distribuirá de obsequio co exemplar do Nós Diario do sábado 11 de outubro, unha publicación editada pola Agrupación Cultural O Galo. Serán 16 páxinas elaboradas polo profesor de Historia da Arte Medieval na Universidade de Vigo Victoriano Nodar e polo director técnico-conservador do Museo Catedral de Santiago, Ramón Yzquierdo Peiró.




