Táboa redonda sobre o conxunto monumental de Sar
O pasado venres 31 de outubro tivo lugar, ante un ateigado claustro, a presentación do caderno especial de Nós Diario dedicado á Colexiata de Santa María de Sar e ao seu Museo, impulsado pola Agrupación Cultural O Galo e polo Concello de Santiago. O acto desenvolveuse a modo de táboa redonda, con diferentes aportacións ao redor da importancia cultural e artística da igreza, museo e claustro de Santa María de Sar. A presentación formou parte do programa de actividades “Compostela é Memoria” e nela participaron a presidenta da Asociación O Galo, María Antonia Pérez, o historiador Victoriano Nodar, o director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartin, a concelleira de Cultura, Miriam Louzao e o párroco de Sar, Ricardo Sanjurjo.
O acto finalizou coa presentación do vídeo da reconstrución 3D da igrexa que xa se pode ver na web musar.gal




