O Museo Colexiata de Sar estrea páxina web

Como parte do proxecto de mellora do Museo Colexiata de Sar, elaborouse unha páxina web na que se concentran as diferentes informacións relacionadas con este espazo patrimonial. En concreto, desenvolveuse unha web na que, ademais de información práctica sobre horarios e tarifas, pódese consultar e ampliar datos sobre a arte e a historia da igrexa e do seu claustro, realizar un percorrido polas pezas máis destacadas do seu museo e ter acceso a recursos educativos, destinados ás visitas escolares.

A web pódese consultar en www.musar.gal