MuSar Medieval

Inicio / MuSar Medieval

MuSar Medieval

O Museo Colexiata de Sar – MuSar posúe unha rica colección de época medieval conformada, en primeiro lugar, por un bo número de pezas de escultura arquitectónica que pertenceron á fábrica da igrexa e máis do claustro medieval. Trátase de capiteis, doelas de arcos, basas, restos das tracerías dos rosetóns da igrexa, nervios de bóveda con unha cronoloxía entre os séculos XII e XIII.

A segunda sección desta colección é a epigráfica formada por sepulcros con xacentes e lápidas funerarias con inscricións que proceden dos enterramentos que houbo no claustro.

A terceira parte é a colección diplomática formada por una extensa colección de documentos de entre os que destacan os máis antigos con unha cronoloxía que vai dende o ano 883 e o 1204 e entre os que se atopa a célebre acta
fundacional do priorado de Sar asinada polo arcebispo Diego Xelmírez en 1136.

A maior parte desta colección non se atopa exposta polo momento ante a falta de espazo nas salas da colección permanente pero agora grazas ó proxecto de estudo e catalogación dos fondos medievais do MuSar levado a cabo durante o ano 2026 ponse á disposición da cidadanía en formato web.

O proxecto, promovido polo Arcebispado de Santiago, foi posible grazas ás axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia, da Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

Coleccións

Créditos

O proxecto de estudo e catalogación dos fondos medievais do Museo Colexiata de Sar – MuSar foi posible grazas ás xudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia, 2026 e realizado no marco dun contrato de I+D entre o Arcebispado de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, IN-02774-2026.

Promoven: Arcebispado de Santiago — Fundación Catedral de Santiago

Colaboran: Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección do proxecto: Victoriano Nodar Fernández e Ramón Yzquierdo Peiró

Dirección científica: Victoriano Nodar Fernández

Estudo da colección diplomática: Francisco Javier Pérez Rodríguez

Estudo da colección epigráfica: Álvaro Castresana López

Documentación histórica e redacción de fichas: Alejandro Campos Blanco.

Modelado virtual: Alejandro Vázquez Durán.

Apoio técnico: Alejandro Carreras Álvarez, Diego Fernandez Núñez, Sara Moure López e Albertina Cuevas Vidán-Freiría.

Técnico de materiais pétreos: Ismael Cernadas Castro

Comunicación: Jaime Mera García

Administración: Olga Viqueira Silveira

Agradecementos: Archivo Histórico Diocesano de Santiago, Fernando Barros Fornos, Albertina Cuevas Vidán-Freiría, Daniel Lorenzo Santos, Noelia Márquez Grille, José Porto Buceta y Ricardo Sanjurjo Otero.