O Museo Colexiata de Sar – MuSar posúe unha rica colección de época medieval conformada, en primeiro lugar, por un bo número de pezas de escultura arquitectónica que pertenceron á fábrica da igrexa e máis do claustro medieval. Trátase de capiteis, doelas de arcos, basas, restos das tracerías dos rosetóns da igrexa, nervios de bóveda con unha cronoloxía entre os séculos XII e XIII.
A segunda sección desta colección é a epigráfica formada por sepulcros con xacentes e lápidas funerarias con inscricións que proceden dos enterramentos que houbo no claustro.
A terceira parte é a colección diplomática formada por una extensa colección de documentos de entre os que destacan os máis antigos con unha cronoloxía que vai dende o ano 883 e o 1204 e entre os que se atopa a célebre acta
fundacional do priorado de Sar asinada polo arcebispo Diego Xelmírez en 1136.
A maior parte desta colección non se atopa exposta polo momento ante a falta de espazo nas salas da colección permanente pero agora grazas ó proxecto de estudo e catalogación dos fondos medievais do MuSar levado a cabo durante o ano 2026 ponse á disposición da cidadanía en formato web.
O proxecto, promovido polo Arcebispado de Santiago, foi posible grazas ás axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia, da Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.







